Foro / Cerca de Casa

Au pair para verán 2008

G
galyna_8303664
27/12/07 a las 20:36

Ola a todas/os:
chámome Marta e son polaca pero aparte do polaco sei falar castelán, inglés, galego e algo de portugués. Estiven xa en Galicia unhas cantas veces e agora gustaríame ir aí a traballar de au pair durante as vacacións, pra coñecer así máis xente, entablar amizades e practica-la lingua (que é a máis fermosa do mundo, dende logo). Teño 18 anos (vou cumprir 19 en abril). Collín a opción de AuPair porque me encantan os nenos e gostaría moito de axudar a unha familia con nenos a partir dos 4 anos (non teño experiencia con bebés), ser unha irmá maior, e iso a cambio dun soldo pequeno e sitio para durmir... Son responsábel e divertida e non excesivamente festeira. Non me importa axudar nas tareas da casa nin cociñar (cousas simples), e o de coidar mascotas tamén está ben. Non fumo e nunca o probei. Estou a piques de saca-lo carnet de conducir.

Encántame navegar a vela, estudar linguas estranxeiras, viaxar, montar a cabalo, camiñar, nadar, bailar, snowboard, literatura, música, fotografía, cine europeo. Ah, e entrenei o karate durante 4 anos.

Espero q alguén estea interesado na miña oferta,
un saúdo

Marta

pogoria@hotmail.com

Ver también

ISDIN Si-Nails

ISDIN Si-Nails

Compartir
No te pierdas ni uno solo de nuestros tableros en Pinterest
pinterest